
O bigote de Mimí
29 Decembro de 2016 / 17:00 h.
Luis Vallecillo e a Banda do cuberto.
Unha proposta escénica na que músicos e monicreques se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen sofre as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.
Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.