
Nexos infantil: A voltas coa idea de Europa
18 Febreiro de 2017 / 12:00 h.
GratisPartindo de fichas sobre diversas cidades de Europa, que colorearemos e ilustraremos con elementos senlleiros das mesmas, imos elaborar un xogo da oca que nos permitirá viaxar por todo o continente – partindo de Santiago e coa meta en Bruxelas – ao tempo que imos asociando a esas fichas, nas que vaiamos caendo, as súas bandeiras, lingua que se fala, e outros datos significativos.
Unha vez remate o xogo, celebraremos un concurso por equipas para avaliar canto sabemos da nosa Europa.
Para miúdo@s de 5 a 12 anos.