
Nadal no Museo: Os adornos de Nadal extraviados
26 Decembro de 2017 / 17:00 h.
Obradoiros de Nadal
Nadal no Museo: Os adornos de Nadal extraviados
Características do obradoiro:
Responsable:
María José López Fernández, doutora en Bioloxía, especialista en Zooloxía.
Daniel Castro Fernández, doutor en Bioloxía, especialista en Botánica.
Contidos:
- Percorreremos o Museo realizando un xogo de pistas.
- Fabricaremos un adorno para que cada neno o coloque na súa árbore de Nadal.
Tamaño e perfil do grupo
Nenos de 4 a 12 anos.
Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa , polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e Horario
Martes, 26 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas
Xoves, 4 de xaneiro, de 11:00 a 13:00 horas
A duración será de 2 horas.
Prezo
3€/persoa
Ter cuberta a ficha de inscrición unicamente implica ter realizada a solicitude. A praza confirmarase por correo electrónico ou por teléfono.