
Mamá Cabra · Eu cociño, ti cociñas?
31 Marzo de 2019 / 18:00 h.
Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante.
O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA.
A programación terá a maiores actividades paralelas entre as que nos atoparemos o grupo Mamá Cabra co espectáculo:
?????? Eu cociño, ti cociñas?
Espectáculo músico teatral | Infantil e familiar (+3) | 60 min
?Domingo 31 de marzo · 18h · Auditorio Abanca · Afundación
? www.ataquilla.com e anticipadamente na billeteira de Rúa do Vilar, 19 (de luns a domingos en de 12 a 14 e de 17 a 21h) e o mesmo día da función na billeteira do recinto dende unha hora e media antes do comezo.
???
Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas…Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?
“Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado.
➡️ Consulta toda a programación: https://bit.ly/2UedImY
Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible.