
Madame Bechamel e Signorina Bolognesa
31 Marzo de 2017 / 18:00 h.
GratisMadame Bechamel e Signorina Bolognesa
Cancións, xogos e outras sorpresas de Trécola Teatro.
Dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas cociñan en colaboración co público, un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.
Espectáculo da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.