
LETRAS E NOTAS de Magín Blanco
23 Setembro de 2017 / 18:30 h.
O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.
Ao longo do ano 2017 Magín ten creado novas pezas musicais incluídas en traballos editados pola Mesa pola normalización lingüística e que teñen como obxectivo dotar ás nenas e nenos, profesorado e familias de ferramentas audiovisuais e edicións coas que aprender o abecedario, os nomes das aves ou os dos peixes en galego, estas pezas formarán parte do repertorio que Magín interpretará nest novo espectáculo. Estas tres publicacións son O Abecedario, As Aves e Os peixes e outra fauna mariña