
II Obradoiro fotografía estenopeica
22 Xuño de 2019 / 11:30 h. - 18:30 h.
€30A cámara escura (ou cámara sen obxectivo) é o sistema máis elemental de formación de imaxes usado por artistas do século XVI ao XIX. Consiste no reemprazo do lente por un orificio a través do cal pasa a luz, trasladando a imaxe no sorporte fotosensible do outro extremo. Nesta actividade buscamos poñer en práctica esta técnica e levar as copias das fotos que tomemos para casa, revelando nós mesmos as nosas fotografas.
- Non son necesarios coñecementos de fotografía.
- É unha actividade apta para todas as idades a partir de 8 anos (os nenos virán acompañados dun adulto).
Data: Sábado 22 de Xuño de 2019
Hora: 11.30 a 13.30h e 16.00h a 18.30
Lugar: Asociación Xuvenil Ítaca