
II Obradoiro de papiroflexia 2018
22 Setembro de 2018 / 11:00 h. - 13:00 h.
A papiroflexia, á que podemos considerar coma unha arte, unha ciencia ou un entretemento, ten unha grande importancia na aprendizaxe das matemáticas.
Neste obradoiro, onde se construirán diferentes figuras, algunhas sinxelas e outras máis elaboradas, descubrirase como a beleza desta disciplina está na súa sinxela xeometría.
En cada anaquiño de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas. Facer papiroflexia resulta creativo, divertido e económico.
Reservas
Elixe a quenda ou grupo que máis che interese para o día seleccionado:
Data | Horario | Prazas |
---|---|---|
22/09/2018 | 11:00 » 13:00 | 1 |