
Foliada con Apego
3 Novembro de 2017 / 18:00 h.
O venres, 3 de novembro, ás 18:00 horas, haberá unha nova foliada con Apego, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A foliada será un momento para coñecerse, compartir, cantar, bailar e aprender cancións galegas. A actividade está dirixida a familias con nenas e nenos, sen límite de idade.
O prazo de inscrición comeza o 23 de outubro e remata o 2 de novembro. Para facelo, é preciso enviar o nome e a idade das persoas participantes, así como un teléfono de contacto, ao enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal