
FOLIADA CON APEGO
30 Xuño de 2017 / 18:00 h.
GratisO próximo venres, 30 de xuño, terá lugar unha nova Foliada con Apego. Será a partir das 18:00h no Pazo da Peregrina, de Bertamiráns.
As Foliadas con Apego concíbense como un espazo de socialización en galego para crianzas, que permite coñecerse, compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. Para participar é preciso realizar unha inscrición previa a través do email normalizacion@concellodeames.gal, indicando o número de participantes, o seu nome e apelido, así como un número de contacto. O prazo remata o vindeiro 29 de xuño.