
FOLIADA CON APEGO
7 Abril de 2017 / 17:30 h.
GratisAs familias amesás e calquera persoa que guste do baile e da música tradicional están convidadas a participar nunha foliada posta en marcha polo Concello de Ames dentro do programa Apego, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Trátase dun encontro para familias con nenos e nenas sen límite de idade, onde poderán coñecerse, compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. A entrada será de balde e até completar aforo, polo que as persoas interesadas se poden inscribir, do 27 de marzo ao 6 de abril, enviando un correo ao enderezo normalizacionlinguistica@concellodeames.gal ou chamando por teléfono ao número 662 377 215 entre as 9.00 e as 15.00 h. Terán que indicar o número das persoas que veñen, o nome das persoas adultas e un teléfono de contacto.