
Filo está de aniversario. Espectáculo de monicreques
11 Decembro de 2019 / 18:30 h. - 20:30 h.
Cedemos a sala infantil ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación para que realice as actividades do denominado Proxecto Boomerang. Espectáculos artístico-musicais dende a Universidade de Santiago á comunidade.
Nesta ocasión realizan un espectáculo de monicreques con contos e cancións para tratar o tema da diversidade familiar: Filo está de aniversario. No zoo da Madroa celebran o aniversario da ovella Filo, que vai celebrar unha festa á que están invitados os seus amigos e amigas do zoo coas súas familias.
Ao finalizar o espectáculo propoñen diferentes actividades para que o público que o desexe poida participar.
Para nenas e nenos de 5 a 8 anos.
Na sala infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.