
FILIPA COS CONTOS
23 Maio de 2017 / 18:00 h.
GratisAs actividades de animación á lectura que organiza a Concellaría de Educación e Cultura amósalles aos rapaces e rapazas, mediante sesións de contacontos, a maxia que agochan os libros. Esta programación de contos vaise a desenvolver ata finais do mes de maio. Este martes, 23 de maio, ás 18:00 horas, a Biblioteca municipal do Milladoiro, acolle unha nova sesión de contos baixo o título Flipa cos contos. Durante este curso os contos non se centran nunha única temática, senón que durante cada mes abórdanse temas distintos, sempre relacionados con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos.