
FESTA DO APEGO
28 Decembro de 2019 / 12:00 h. - 20:00 h.
Festa do Apego
Unha feira de contos, música, xogos, información e propostas para a crianza, en que as nenas e nenos poderán gozar e socializar en galego durante todo o día.No teatro contaremos con Elefante Elegantee Teatro ao Cubo, os contos e os monicreques traeranos Atenea García, A Tropa de Trapo e Fantoches Baj, a danza guiaraa Mercedes Prieto (Pesdelán) e os obradoiros Xandobela. Tamén nos acompañarán Fabalobacos recursos para a educación, Terra Miúda para xogar libremente, haberá mostras de audiovisuais para a infancia e unha gran feira de libros, educación e crianza en galego. A música vaina pór Pakolas pola mañá e clausurará a festa a presentación do novo traballo de Maria Fumaça. Un día para non perder e para animarvos a criar en galego
Entrada libre ata completar a capacidade do AuditorioConsultade o programa completo nas redes do ApegoO Lasso ofrecerá un menú especial Apego na hora de xantar. Reserva previa: 981 573 807
DE 0 A 6 ANOS