
Festa de Reis – Milladoiro
5 Xaneiro de 2017 / 18:00 h.
Un ano máis os Reis Magos pasarán por Ames antes de repartir os agasallos que cada neno e nena lles pediu nas cartas que escribiron previamente. Para recibir aos Magos de Oriente o Concello de Ames está preparando unha gran festa que este ano recolle varias novidades. Deste xeito, non haberá cabalgata polas rúas amesás. Farase unha recepción real nos pavillóns polideportivos do Milladoiro, ás 18:00 horas, e de Bertamiráns, ás 18:30 horas, cunha gran festa de luz e de son. Ademais, haberá varios espectáculos sorpresa.