
Festa de Entroido de Ames 2017
27 Febreiro de 2017 / 17:00 h.
O Concello de Ames está organizando para o vindeiro luns, 27 de febreiro, unha nova edición da Festa de Entroido, que este ano se desenvolverá na localidade de Bertamiráns, a partir das 17:00 horas. A programación desta festa conta cun concurso e desfile de disfraces no que se pode participar nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Nas dúas primeiras poderase participar de forma individual ou en parellas.