
Farois chineses da boa sorte
10 Febreiro de 2017 / 17:30 h.
GratisUn grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣 ) e Miguel Cortés Hernández (米東方) realizan este obradoiro.
Na véspera do día 15 do primeiro mes lunar, festa dos farois en China e todo o Extremo Oriente, construímos dunha forma sinxela e divertida estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos carácteres chineses da boa sorte.
A continuación, os membros da Asociación Qu Yan trasládanse coas familias ao lago do parque da Música en Compostela, fronte ao auditorio de Galicia para botalos á auga e gozar deste momento de bos propósitos para o Novo Ano do Galo.
Salón de actos, diríxese a persoas de 6 a 100 anos. Precísase inscrición previa, máximo 40.