
Euria (Choiva)
24 Marzo de 2018 / 18:30 h.
€4Un paraugas pendurado como recordo nun colgadoiro. Unha personaxe sumida na tristura pola perda dun ser querido. Outro paraugas, roto e abandonado, que a nosa personaxe decide arranxar sen saber que, dende ese momento, a súa vida comeza a mudar. Premio ao Mellor Espectáculo Fetén 2017
Euria (Choiva) fala dese tempo necesario no que a tristura nos acompaña para calmar o que nos doe e, pouco a pouco, adaptarnos a unha nova situación. Que as perdas, grandes ou pequenas, son un feito natural. E que esta circunstancia de vida tamén debe ser explicada na infancia.
Ficha do espectáculo
Audtoría e dirección: Markeliñe
Intérpretes: Fernando Barado | Nerea Martínez | Natalia Garcia | Itziar Fragua | Ioar Fernández
Vestiario e ilustración: marieta soul espacio creativo
Vídeo: Alphax Studio
Iluminación: Jon Kepa Zumalde
Música: Mario Viñuela, Alos Quartet
Comunicación: Gloria Hernández
Coordinación: Iñaki Egiluz
Contacto: Joserra Martínez
4 euros
Bono familiar (4 entradas): 12 euros
Bono familiar (4 entradas): 12 euros
A partir de 6 anos
Duración aproximada: 60 min.
Duración aproximada: 60 min.