
ESTAMPAS XAPONESAS PAISAXES COTIÁS. KOKI TANAKA
17 Febreiro de 2019 / 11:00 h.
GratisSábado 16 de febreiro. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos
Domingo 17 de febreiro. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos
Prazo de inscrición: do 4 ao 15 de febreiro
As accións máis cotiás poden resultar unha tarefa do máis complexa para Koki Tanaka. Na súa obra explora o mundo dos obxectos para darlles novos usos e pon o punto de atención sobre accións insignificantes. Durante este taller xogaremos co noso corpo relacionándoo co espazo, cos obxectos e coas súas posibilidades para interromper a nosa rutina con novas inventivas para o día a día.