
Espectáculo Musical ‘Camiños’, con Magín Blanco
16 Xuño de 2018 / 18:00 h.
GratisCamiños é un espectáculo musical, unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos para estimular e enriquecer a imaxinación dos rapaces e rapazas.
O músico Magín Blanco presenta o seu repertorio máis bailable e balsámico; ritmos para cativas e cativos intrépidos e cantadas doces para amigos invisibles. Todo cabe nestes Camiños polos que andar e medrar na busca do que queiramos conseguir