
Escritura chinesa con pinceis
7 Febreiro de 2017 / 18:00 h.
GratisCharla – obradoiro para nenos e nenas a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣) e Miguel Cortés Hernández.
A maxia e beleza da escritura chinesa nas nosas mans, nos nosos trazos: unha experiencia divertida de sensibilidade e destreza para os pequenos e pequenas.
Realizarase nas salas de traballo do 3º andar e está dirixido a nenas e nenos de 6 a 16 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 participantes.