
Érase unha vez a ópera – Día da Música
9 Xuño de 2018 / 18:00 h.
GratisActividade da Biblioteca de Galicia para conmemorar o Día Internacional da Música (21 de xuño).
Érase unha vez a ópera é un espectáculo orixinal que persegue, xunto ao lóxico desexo de divertir, o propósito de interesar e instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera, dunha forma sinxela e amena.
Esta proposta artística, que promove a Compañía Lírica de Galicia, ten como obxectivo achegar aos máis pequenos ao mundo da lírica a través de óperas tan coñecidas como La Bohème, Don Giovanni, Madame Butterfly…da man da diva da ópera Madame Spaghettini e do grandísimo compositor Wolfang Amadeus Mozart.
Duración: 45 minutos
Prazas: 120
Para todos os públicos (Recomendado a partir dos 5 anos)