EMOTICORES é a nova proposta de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para público de máis de 6 anos, especialmente creado para o segmento de segundo ciclo de primaria (8-12 anos). EMOTICORES é un espectáculo de danza no que se traballan as emocións a través das formas, as cores, o son e o movemento, co obxectivo de axudar ao entorno familiar das nenas e nenos a relacionar as emocións con aquilo que as provoca.
EMOTICORES é un espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar aos rapaces e rapazas e ao seu entorno familiar a identificar as emocións. Ao igual que os adultos, os rapaces e rapazas necesitan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estes lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrado, humano e creativo. Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento… son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde ás veces non chega a palabra.Las Tricotouses, compañía dirixida por Cristina Montero e Rut Balbís, produciu tres espectáculos desde 2012: Só una escusa, 2012; Momento blooming, 2014 e Emoticores, 2016.Cristina Montero, Ferrol. Creadora-coreógrafa, en 2009 crea a súa propia compañía coa performance “1a party”, representada en diferentes espazos de Galicia, Madrid e Portugal. Como intérprete e coreógrafa traballa con Teatro do Morcego, Cía.40 Pasos, Cía San&San, Cía. Bucanero, Cía. Trespasando. Foi docente da Escola de Formación de actrices e actores de Narón desde 2003 e docente e coordinadora da Escola de Danza Contemporánea de Narón desde 2009, onde imparte talleres de expresión e movemento para maiores, adultos e nenas e nenos en diferentes concellos e espazos. Cristina Montero é codirectora do Festival Vai de Baile de Ferrol.
Rut Balbís, Ourense. Creadora-coreógrafa, intérprete e docente de danza contemporánea é Licenciada en CC. da Actividade Física e do Deporte e realiza o One Year Certificate in Contemporary Dance en The Place (Londres). En paralelo ao seu proxecto con Las Tricotouses, dirixe a súa compañía Pisando Ovos e desenvolve o seu traballo docente na Aula de Danza da Universidade de A Coruña desde 2005, ademais de colaborar con outras compañías como Matarile Teatro, Licenciada Sotelo, Lipi Hernández, Traspediante, Iker Gómez, Chévere, Cristina Montero, Paula Pintos, AIREnoAR…. Forma parte de “The Hunter Lodge” colectivo creado a partir do proxecto europeo Choreoroam 2012.
Creación e interpretación: Cristina Montero e Ruth Balvís
Iluminación e programación audiovisual: Afonso Castro
Arranxos musicais e deseño gráfico: Jas Processor
Asesoramento en Psicoloxía: Paula Pintos
Unidades didácticas: Cristina Montero, Rut Balvís e Paula Pintos
Vestiario: Teresa Gutiérrez
Produción: Manu Lago
Vídeo: Miramemira
Produción: LAS TRICOTOUSES
Axuda en produción: AGADIC – Xunta de Galicia
Colabora en produción: Concello de Ferrol