
Elisa no mundo das marabillas
5 Xuño de 2018 / 18:00 h.
GratisExposición do conto Elisa no mundo das marabillas, elaborado integramente polas trinta persoas que conviven no centro residencial da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (APAMP) e publicado pola editorial Galaxia en marzo de 2017. No taller artístico xorde este libro entusiasta e optimista que se elaborou integramente, desde o deseño das súas ilustracións ata os textos.
Agora, a exposición achégase á biblioteca para que Elisa chegue ata a capital galega e sexa coñecida polos nenos e nenas de Santiago.
A exposición pode visitarse no vestíbulo ata fin de mes.
A inauguración terá lugar o 5 de xuño ás 18h no vestíbulo da biblioteca. Cando remate o acto, poráse o vídeo de como se realizou e farase o contacontos Elisa no mundo das marabillas na sala infantil.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala, tanto á inauguración como ao contacontos.
http://www.apamp.org/