
El Sastrecillo Valiente
23 Decembro de 2016 / 18:30 h. - 19:30 h.
El sastrecillo valiente, un dos contos clásicos dos irmáns Grimm, convértese da man da compañía de teatro Etcétera nun espectáculo musical para monicreques co que gozará toda a familia. A historia dun home sinxelo que por un malentendido acada poder e fortuna ensínanos a non guiarnos por falsas apariencias e buscar probas para perseguir a verdade.
En coprodución co Teatro Real, Etcétera, ABAO-OLBE e o Festival Internacional de Música y Danza de Granada, El Sastrecillo Valiente toma como punto de partida a obra musical de Tibor Harsanyi, partitura para monicreques realizada en 1950 para oito instrumentistas que conta esta historia épica, tenra e graciosa. Cos protagonistas creados a partir de elementos propios dunha xastrería, monicreques, obxectos, sombras, proxeccións de vídeo e actrices póñense ao servizo dunha obra musical, ofrecendo unha versión contemporánea deste conto clásico.