
Dreams
28 Decembro de 2016 / 18:00 h.
Dreams. El Musical, unha viaxe polos grandes clásicos do cinema infantil coma Frozen, O rei León, Aladín, A bela e a Besta, Pocahontas e moitas máis.
Despois de espertar dun pesadelo, Sara pensa que xa é hora de deixar de crer nos soños. Esa mesma noite sentirá o poder dos desexos tras comprobar que o príncipe William chegou desde o Reino Máxico para que os seus soños se fagan realidade. Desde aquel intre, acompañada en todo momento polo príncipe William, intentará conseguir o seu desexo de ser a princesa do reino. Mais terá que ter tino porque Leopold, o irmán malvado do príncipe, fará todo o posible para que non o poida conseguir.