
DOMINICANAS SOMOS, Obradoiro de banda deseñada
5 Xuño de 2017 / 19:00 h.
GratisA Biblioteca cede o espazo á ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz que, xunto ao colectivo Polo Correo do Vento, levarán a cabo esta actividade.
Neste obradoiro poñerase en práctica a creación de personaxes, a elaboración do guion técnico e literario e crearase unha pequena historia inspirada no cómic Dominicanas Somos que visibiliza a historia de vida de tres mulleres protagonistas na defensa de dereitos sociais e como axentes de desenvolvemento. Na Republica Dominicana as mulleres demostraron ter un papel protagonista no desenvolvemento das comunidades facendo demanda dun espazo propio de articulación para a reivindicación tanto dos seus dereitos como mulleres como da súa sociedade.
No salón de actos. Precísase inscrición previa. Máximo 15 persoas, maiores de 12 anos.