
DISTANS
30 Novembro de 2019 / 18:30 h.
€4DE VOL’E TEMPS
Idade: todos os públicos
INAEM
PLATEA
DistanS fala de amizade: os recordos que seguen vivos nos nosos corazóns a pesar dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, a soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
Un pacto, un código segredo, unha cápsula do tempo, unha promesa…
Dentro de 20 anos no mesmo sitio á mesma hora.
A vella casa da árbore onde dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risos, fantasías e complicidade.
O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supoñer o esquecemento. Como dicía a canción, 20 años no es nada…E dous personaxes que encontraron a maneira de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes.
Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.
Dirección artística e dramaturxia: Lapso Producciones
Intérpretes: Sara Ortiz y Albert Moncunill Ferrer
Produción executiva: Cía. Vol’e Temps
Creación Coreografía Circense: Cía Vol’e Temps
Dirección musical: Lapso Producciones
Música orixinal: Daniel Maldonado “Sam”
Escenografía: Carlos Monzón
Deseño vestiario: Saray Angulo
Vestiario: Engatosarte vestuario teatral (Angie Paz)
Deseño de Iluminación Almudena Oneto
Técnico de son e luz: Oskar Vizcaino Ríos
Realización Vídeo: Laura Dafne
Fotografías: Periko Nikolas
Deseño gráfico: Quartada Estudi