
Día da Poesía | Obradoiro ‘Poemas de chocolate’
10 Marzo de 2018 / 17:00 h.
GratisUnha actividade moi gozosa para conmemorar o Día da poesía. Neste obradoiro imos saborear a dozura da poesía, collerlle o gusto, explorala, captar o seu ritmo e tentar comprender o seu saber ó tempo que degustamos o sabor dos diferentes chocolates cos que compaxinan os distintos poemas:
- Poemas sólidos: chocolate amargo
- Poemas frescos: chocolate de menta
- Poemas inocentes: galletas de chocolate
- Poemas mestizos: chocolate con leite
- E moitos máis que estarán na axenda da BdG https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl no mes de marzo
Malia que haberá un poema para cada categoría, os asistentes poden achegar o seu poema preferido e casalo co chocolate correspondente.
Público: familiar ( Idade de 7 a 13 anos)
Horario: de 17:00 a 19:00 h
Duración: 120 minutos
Prazas: 30
Observacións: Aínda cando non tomes azucre, glute ou graxas atoparás un chocolate para ti