
De Lugares e Órganos: Obradoiro infantil
13 Abril de 2017 / 12:00 h.
GratisActividade que amosa, de xeito sinxelo, que é un órgano, como funciona e a terminoloxía básica usada neste instrumento, para logo construír un pequeno tubo de órgano de madeira e iniciarse así no apaixonante e descoñecido mundo da organería. Inclúe unha visita guiada por un órgano e as súas partes e diferentes xogos de discriminación auditiva, que teñan como protagonista este impoñente instrumento. Ademáis, no decurso do obradoiro farase un contacontos inspirado no rei dos instrumentos a través do que se fornezan os coñecementos, conceptos e destrezas adquiridas durante a xornada.