
CREANDO EMOCIÓNS: obradoiro sobre MARUXA MALLO
30 Xaneiro de 2017 / 18:30 h.
GratisCon este obradoiro de manualidades conmemoramos o Día da ilustración e achegamos a figura desta artista galega aos participantes, pintando en pedra as súas características máscaras, sorrintes e tristes, baseadas na traxedia clásica.
O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 6 a 10 anos. O límite de prazas é de 10.
Para poder participar no obradoiro é precisa a inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca.
A actividade está a cargo de persoal da biblioteca e celébrase na sala infantil.