
“Cosas de payasas” Grupo Ton y Son (Arxentina)
12 Febreiro de 2017 / 12:30 h.
É unha adaptación da obra “Cousas de pallasos” de Claudio Martínez Bel. En ton de clown, o vínculo entre Tonieta (nai) e Titina (filla) vai transitando por diferentes etapas a medida que ambas van crecendo. Unha mamá pallasa que tenta soster con rigor a idea de traspasar o seu legado á súa filla; e unha filla que quere aprender e, á vez, facer o seu propio camiño. Unha obra que parte do humor e a tenrura como formas de celebrar o amor, a aprendizaxe e a liberdade.