
Conversa pública de Miguel Castro. Educacion Creadora
5 Maio de 2017 / 18:30 h.
GratisMiguel Castro é, dende hai 30 anos, un estreito colaborador de Arno Stern e responsable xunto con Vega Martín de Diraya (Estudio de Educación Creadora en Bilbao). Así mesmo, profesor asociado da Universidade de Cantabria durante máis de 25 anos e referente esencial na reflexión educativa actual.
As condicións da educación creadora propostas por Arno Stern para pintar son o fundamento do seu traballo en Diraya, tendo investigado a súa aplicación a outros materiais e a calquera outra aprendizaxe. Os Obradoiros de Expresión e Educación Creadora Diraya son un espazo libre de modelos, comparacións e xuízos onde todas as persoas poden desenvolver a súa capacidade creadora.
“Todos tenemos la posibilidad de iniciar una “deriva personal” basada en las propias necesidades. Libres de modelos y juicios, el miedo desaparece, los límites se rompen y crecemos mucho más de lo que imaginamos ser capaces. El juego es la actividad más seria y rigurosa que existe, donde se puede improvisar, investigar y crear, para el que venimos dotados por naturaleza y que constituye una parte esencial de lo que nos define como seres humanos.”
Diraya