
Contos Revoltos
12 Xuño de 2017 / 18:00 h.
GratisA Biblioteca do Milladoiro acolle a celebración dunha nova sesión de contacontos, dirixida especialmente a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Desta volta, os máis pequenos da casa poderán gozar dos Contos Revoltos con Fátima Fernández.
“Había una vez una contadora de historias moi ordenada, levaba todos os seus contos colocadiños dentro das súas maletas; pero un día, un remuíño curioso quixo ver os seus contos, meteuse nas maletas e cando saiu delas, os contos estaban todos revoltos, os de amor cos de medo,os pequenos cos grandes…” Así presenta a propia autora as historias que desta volta poderán escoitar os nenos e nenas de Ames na Biblioteca do Milladoiro.