
Contos en familia
24 Outubro de 2018 / 18:30 h.
Proxecto de animación á lectura en familia a cargo de Cris de Caldas e ludoteca con Xabi do Camiño.
Sesión na que o lúdico e o pedagóxico mestúranse nun contacontos, unha charla didáctica con consellos para achegar os libros ás crianzas, lecturas novas fronte aos clásicos, recursos web, coeducación, etc. e unha exposición de libros esenciais.
Para público familiar.
No salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada, máximo 25 nenos e nenas de 0 a 6 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado por unha persoa adulta.