
Contacontos: “O branco non pinta”
20 Febreiro de 2018 / 18:00 h.
O libro escollido para a segunda das sesións de contacontos de febreiro, que terá lugar o día 20, é O branco non pinta: unha aproximación desde a literatura infantil ao branco e ao seu valor conceptual que, a maior parte das veces, semella afastada e inaccesible. A obra, unha creación da poeta Antía Otero e da ilustradora María Brenn, é unha oportunidade para achegarse á importancia das preguntas na infancia.