
Contacontos na biblioteca de Bertamiráns
8 Novembro de 2017 / 18:00 h.
GratisO mércores, 8 de novembro, na biblioteca de Bertamiráns, haberá unha nova sesión de contacontos. Será unha sesión chea de lobos, xa que se contarán contos que sirvan para rachar cos estereotipos sobre estes animais.
A actividade está dirixida a nenas e nenos entre os 3 e os 8 anos. A entrada é libre e de balde.