
Contacontos con María José Gulín en Cronopios Santiago
22 Setembro de 2018 / 12:00 h.
Mensaxe importante para raparigas e raparigos composteláns (e de máis alá):
Volven os contacontos a Cronopios Santiago!
O vindeiro sábado, 22 de setembro, a partir das 12:00 horas, María José Gulín contará o seu ‘O zapateiro e o raposo’ a todo aquel que se achegue a Cronopios. A desaparición dunhas galiñas en Aloia e Carballeda leva os seus veciños a facer quendas de vixilancia para atrapar o misterioso raposo. A intervención dos animais do bosque máxico será decisiva para resolver o caso.
Non volo perdades!!