
Concerto singular na Casa da Cultura do Milladoiro
19 Setembro de 2018 / 18:00 h.
Os catro prestixiosos músicos que foman Píscore aterran na casa da cultura do Milladoiro este venres, 19 de outubro, con 16 baquetas pero unha soa marimba. Ante este conflito, cada un dos músicos só ten unha hora para facela doar do xeito máis orixinal e abraiante, aínda que organizarse non vai ser tan doado.
Ao longo deste espectáculo, que acadou o premio do público Festiclow 2018 e foi nomeado o mellor valorado nos Domingos Principal deste ano, achegáselle ao espectador unha comedia xestual acompañada pola mellor música. Dirixido a toda a familia, pretende entreter apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.