
COAS MIÑAS MANS de Pablo Díaz
16 Setembro de 2018 / 18:30 h.
Pablo Díaz leva xa 4 traballos discográficos dedicados ao público infantil. Durante os case dez de carreira leva percorridas moitas escolas infantís, de primaria, ademais dos concertos habituais por diferentes localidades galegas.
Nesta andaina percatouse da importancia que para as nenas e nenos ten toda a xestualización manual e facial, e por este motivo, partindo das mans como
estratexia comunicativa, xorde este traballo. Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: “As mans”, “Os números”, “As vogais”, “Figuriñas de
papel”, “As cores”, “Os 5 sentidos”…
Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos, as mascotas e ata a festa popular do San Froilán.
A duración do concerto é de 55 minutos aproximadamente co obxectivo de que as familias gocen e axudan a cantar e xesticular.