
Circo de pulgas
31 Marzo de 2019 / 12:30 h.
A miña avoa Milagros é domadora de feras.
Enténdese ben con todos os animais, dende os máis xigantes ata os máis diminutos. Nesta ocasión vainos presentar o seu incrible “Circo de Pulgas”.
Disparado nun canón, o gran Oto Terremoto da comezo á función; andainas na corda frouxa, carreiras de cuadrigas, Pinito do Ouro no seu trapecio e moito máis, que fai deste circo de pulgas “O maior espectáculo dos pequenos mundos”.
Título do espectáculo: Circo de pulgas
Nome da compañía: Títeres Brincadeira
Idades recomendadas: A partir dos 5 anos
Duración: 40 minutos
Técnica: técnica mixta
Idioma: galego