
CIDADE IMAXINARIA DE VERÁN
24 Agosto de 2019 / 16:00 h. - 20:00 h.
Verán no Gaiás | Cidade Imaxinaria 2019
Convidámosvos a viaxar un ano máis a mundos soñados, personaxes incribles e formas imposibles no festival Cidade Imaxinaria do Verán, toda un tarde de sábado chea de espectáculos, circo, clown e obradoiros ao aire libre para toda a familia.
Catro horas ininterrompidas de diversión para unha tarde de sábado verán, no que se conta con espazos para o lecer e tamén con postos de comida e bebida, para repor enerxía para a festa rachada e familiar que se ten argallada.
O 24 de agosto, o Gaiás converterase nun mundo da maxia, teatro e xogo nun ambiente cheo de cor, humor e música no que gozar grandes e pequenos!