
CARREIRA SAN SILVESTRE
31 Decembro de 2016 / 18:00 h.
A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a IV Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2016 a partir das 18:00 horas da tarde.
Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no V Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o pasado 15 de outubro.
- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Gallega de Atletismo).
- A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.
- A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2007. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2007, categoría alevín), polo que non poderán participar oficialmente na proba.
- A SAIDA DA PROBA REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO ÁS 18:00h
- As inscricións poderán realizarse ata o mércores 28 de decembro ás 23:59. (Prazo ampliado). Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
Horarios de entrega de dorsais carreira San Silvestre de Santiago: A partir do vindeiro xoves xa poderás recoller o teu dorsal e agasallo técnico da Carreira San Silvestre. O lugar elixido para o mesmo será OPTICA VAL, na Praza Roxa, 8 de Santiago de Compostela.
- Xoves 29 de decembro: de 16:00 horas a 20:30 horas
- Venres 30 de decembro: de 11:00 horas a 20:30 horas
- Sábado 31 de decembro: de 11:00 horas a 17:00 horas