
CARAPUCHIÑA VERMELLA.O MUSICAL
27 Outubro de 2018 / 17:00 h.
€9Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.
Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.
A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.
Sobre nós
EducaTeatro Producións® está formado por un grupo de profesionais das artes escénicas e musicais co asesoramento de mestres e pedagogos de contrastada experiencia no eido da educación. A música, a palabra e a diversión son os piares dos nosos traballos, especializados no teatro infantil e xuvenil, cos que queremos fomentar a educación en valores e presentar, dun xeito lúdico, a aprendizaxe das materias do currículo escolar.
Tralo éxito obtido co noso primeiro traballo, ‘Os tres porquiños. Unha obra musical con bonecos a tamaño real’, volvemos percorrer Galicia renovando os contos clásicos, desta volta co musical de ‘Carapuchiña Vermella’.
+ INFO en www.educateatro.com e www.facebook.com/educateatro
Información de interese
Duración: 50 minutos + fotos ao final cos personaxes
Idades: Recomendado a partir de 2 anos
Idioma: Galego