
CAPERUCITA ROJA – Una Ópera para toda la familia
6 Outubro de 2018 / 18:00 h.
€8Caperucita roja e unha ópera familiar ,recomendada dende os tres anos,con música e voces en directo.
Sóalles? Así comeza “Caperucita vermella”, un dos centos de contos de tradición oral que recompilaron os irmáns Grimm nos albores do século XIX e que se atopa entre os máis coñecidos e narrados desde a súa publicación. Esta icona da cultura popular representouse tanto en cinema como en televisión e teatro en numerosas ocasións. Menos coñecida é a súa transcrición para teatro musical porque como tal, non existe unha adaptación única.
Esta produción, ofrécelles por unha banda o arranxo musical levado a cabo minuciosamente por un novo compositor uruguaio, Carlos Aznarez quen acerta a transportarnos á historia da nova caperucita nun mar de notas salpicadas da maxia que ofrece a coñecida historia e por outro un texto adaptado e dirixido por Miguel Ribagorda, quen tivo en conta, por unha banda a versión dos irmáns Grimm e por outro o texto orixinal da “Caperucita Vermella” de Charles Perrault.