
Cantajuego:“Viva mi planeta”
19 Marzo de 2017 / 17:00 h.
O grupo de música infantil Cantajuego presentará o seu novo espectáculo, “Viva mi planeta”. Este novo show do grupo pretende transmitir a todos @s miúd@s o amor pola natureza. A sostenibilidade, o respecto e o coidado medioambiental son a columna vertebral deste novo show onde non faltarán os éxitos de sempre. Contará, como é habitual, coa participación de Coco, Pepe e Buby, os seus inseparables compañeiros de aventuras, e tamén con novos persoaxes, vestuarios e coreografías, que se suman a unha historia moi elaborada, dirixida a toda a familia co fin de pasar un rato inolvidable e desfrutar dunha diversión garantizada.
Este novo espectáculo parte dunha orixinal historia que ten como esceario un pobo que foi recuperado despois de estar moito tempo abandoado a causa do descuido e a contaminación. Nesta aventura, os Cantajuego vivirán e compartirán co público intensas emocións e deberán sortear os inesperados obstáculos que se lles presentarán para conseguir un novo propósito. A sostenibilidade será o eixo central das divertidas cancións, que aemáis de entreter aos miúd@s, propondránlles sumarse á tarefa de coidar e comprender o noso planeta e os seus recursos naturais.