
BOAS NOITES NO NADAL – Nabiza Girl
29 Decembro de 2016 / 21:00 h.
GratisNABIZA GIRL
Un caldo de nabizas coa superheroína da escena Isabel Risco
Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo, escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara. Sabedes quen son, non? Ben normal, nin **** idea, normal. Ademais indo de incógnito menos, claro! Vouvos dar unha pista. Como mínimo, agora que xa vedes a estrela encarnada xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes. Eu son Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato!