
“Bala Perdida” de Títeres Cachirulo
15 Outubro de 2017 / 18:00 h. - 19:30 h.
€5Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un corsario da vida, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro. Ao seu carón, a súa mariñeiría: homes curtidos nos mares, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles, un tesouro que queima nas mans.
XXII Festival Galicreques
Para maiores de 9 anos