
Atréveste a traducir connosco? | María Reimóndez e Raquel Senra
28 Setembro de 2019 / 11:30 h. - 13:30 h.
Neste obradoiro farase unha breve viaxe polas páxinas da historia da tradución ao galego da literatura dirixida ás crianzas na que faremos paradas nalgunhas destas obras para valorar as e así dar comezo ao debate.
Veremos que existen diversas opinións e que a meirande parte delas son válidas…Hai tantas formas de traducir literatura coma profesionais que se dedican a este fermoso traballo!
A continuación, poñerémonos mans á obra e traduciremos un fragmento dunha obra literaria para convertérmonos en profesionais da tradución!
Remataremos coa posta en común e reflexionaremos sobre as propostas e o proceso.
Impartido por: María Reimóndez Meilán e Raquel Senra Fernández
Data: 28 de setembro
Horario: 11:30 a 13:30 h
Duración: 120 minutos
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia e espazo exterior
Público:8 a 12 anos
Prazas: 25