
As nosas historias
11 Xaneiro de 2019 / 18:30 h.
As nosas historias. Obradoiro de sombras chinesas con Olga Abad.
Conmemoramos o Día do usuario/a das biblioteca con este obradoiro no que se mesturan a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da nosa tradición oral. Remata coa representación do conto.
Salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada, máximo 30 nenas e nenos de 5 a 8 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado dunha persoa adulta.